lunes, 25 de abril de 2011

Os candidatos.

Candidato nº 1. José Manuel Vázquez Vázquez

Que dicir del? A voz da experiencia. Tras facer o seu último exame da licenciatura de ciencias económicas e empresarais, embarcouse na singladura política accedendo a alcaldía da Illa no ano 1999.
Namorado do deporte, persoa xusta. Home moi traballador e comprometido co seu concello que busca o ben común de toda a Illa. Estamos encantados de telo un ano máis como candidato a alcaldía, un ano no que gracias a el e o seu equipo puidemos ver grandes proxectos sumamente importantes para o desarrollo da Illa.
Esperamos telo de alcalde outros catro anos máis e moitas gracias Manuel pola túa dedicación a este concello

Candidato nº 2. Carlos Iglesias Cores

Moitísmas grazas, Carlos, polo teu compromiso. Estam@s encantad@s coa túa incorporación ao noso equipo. Unha persoa dun valor e cuns valores incalculables, home xoven que sabe escoitar, un ser humano que ao definilo como perfecto aínda nos quedariamos cortos. O seu saber estar e os seus coñecementos como xurídico proporcionaranlle ao noso concello a consecución de grandes proxectos. Un apertísima infinita, un bico grandísimo, e un sorriso enorme ao pensar en ti.

Candidata nº 3. Fátima Rivas Gonzalez

Actual concelleira de turismo, muller e traballo. Leva dúas lexislaturas e coñece o concello como nadie.


Candidata nº 4. Dolores Folgar Vilas
Doña Lola; muller traballadora, loitadora e colaboradora no que faga falla. As familias de A Illa saben ben do seu traballo en servizos sociais.

Candidato nº 5. Isidro García García
A voz do mar. Actual concelleiro de obras e servicios. A súa labor nótase nas rúas da Illa.

Candidata nº 6. Raquel Rial Villanueva

Diplomada en ciencias empresarais, licenciada en economía, máster en finanzas. Traballadora de Caixanova e PYMES. Xoven, aínda que con carácter.
Moitísmas grazas, Raquel, por compartir con nós esta viaxe e por aportar o teu saber ao noso proxecto. Individablemente serás unha gran concelleira.


 Candidato nº 7. Raquel Dacosta Otero

Muller traballadora, moi colaboradora. Tamén acaba de confiar e compartir con nós o proxecto. Observándoa e coñecéndoa apreciamos como todas as súas cualidades a aquilatan como unha muller cunha sublime beleza interior que acabará converténdoa nunha insuperable concelleira.


Candidato nº 8. Alfonso Salgado Alonso

A voz da experiencia neste grupo. Home dedicado de cheo a educación e moitos mozos e mozas da Illa saben do seu saber. Recién xubilado como director do C.E.I.P Torre -Illa.

Candidata nº 9. Iria Dios Oliveira

Unha nova incorporación no partido. 30 anos. un orgullo para nós contar con xente tan nova na nosa candidatura. Outra promesa do noso partido que no futuro será unha boa concelleira. Moitísimas gracias, Iria, por navegar con nós.


Candidato nº 10. Alfredo Otero Lojo

Home induvidablemente ligado ao mundo do mar e a cultura. Sempre que se che chama colabora incondicionalmente. Que máis dicir del? Un infinito de positivos que a todos se nos ocurre cando pensamos na súa persoa.


Candidato nº11. Luís Arosa García

O militante máis xoven do partido, estudante de políticas. Un encanto de rapaz e un gran futuro para o noso partido.

Suplente nº 1. Juan Luciano Otero Besada

Actual concelleiro de urbanismo e persoal. Home que adicou o seu traballo e dedicación nesta lexislatura. Grazas, Eugenio tamén pola túa colaboración.

 Suplente nº 2. Juliana Dios Barreiro

Actual concelleira de educación. Profesora de ensinanza secundaria no I.E.S de Carril. Licenciada en filoloxía hispánica, filoloxía galega, filoloxía románica. Doctorado en literatura hispanoamericana.



Suplente nº 3. Manuel García Poza

Foi concelleiro durante dúas lexislaturas. Home sempre disposto a botar unha man.

Suplente nº 4. Lucinda Diz Besada

Foi concelleira. Actual secretaria xeral. Empresaria. Unha muller que sabe estar sempre onde se necesita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.